Lunes, 31 de Marzo de 2008 - 21:47
Boletín I+D+i 2/4/2008
SANTIAGO. AGN.- Os organizadores e as entidades colaboradoras da Xornada de Dinamización da I+D+i entre empresas e investigadores do campus de Lugo, convidan a empresas, investigadores, entidades de promoción e organizacións empresariais a asistir e participar nesta xornada co obxeto de dinamiza-las colaboracións no eido da I+D+i entre os investigadores do Campus de Lugo e as empresas de Galicia, ante as Convocatorias de Axudas e Subvencións da Xunta de Galicia- Consellería de Innovación- 2008.
Esta Xornada pretende que se aclaren dubidas sobor da colaboración entre os grupos de traballo da USC e as empresas, a o fin de presentar Proxectos as convocatorias inminentes da Consellería de Innovación no eido da I+D+I, asemade, expertos en innovación da consultora SERVIGUIDE explicarán as deduccións fiscais as que poden acollerse as empresas e os apoios cos que poden contar para a presentación dos seus Proxectos, a o fin de que obteñan éxito.
Esta xornada está organizada pola Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías(AGESTIC) xunto coa colaboración da Consellería de Innovación e Industria, a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA-CAMPUS LUGO, e a consultora SERVIGUIDE co apoio da OBRA SOCIAL DE CAIXA GALICIA
O acto terá lugar o vindeiro Mércores 2 de Abril no Edificio CACTUS (baixada a Biblioteca- Campus Universitario de Lugo) a partir das 11:00 horas e contará coas intervencións de:
-D. Agustín Merino. Vicerreitor Adxunto de Investigación USC- Campus de Lugo
-D. José María López Bourio Presidente AGESTIC
-Dª Xulia Guntín Araújo. Subdirectora Xeral de Xestión do PGIDIT - Dirección Xeral I+D+I-Consellería de Innovación
-Dª Natalia Nogueira López Responsable Area Innovación Serviguide
Na xornada presentarase a Revista Dixital de Innovación e o Manual Guía de Innovación editado por AGESTIC, do que se entregará un exemplar aos asistentes.
A inscrición é gratuíta, se ben débese formalizar mediante o envío do formulario cumprimentado ao enderezo: tecnicos@agestic.org ou ao fax: 982 873 903.
cm