Domingo, 22 de Junio de 2008 - 16:13
Boletín I+D+i 19/6/2008
SANTIAGO. AGN.- Agestic e Serviguide colaboran para levar a innovación ás pemes. O presidente de Agestic, José María López Bourio, manifestou que a firma deste convenio de colaboración entre a asociación e a consultora especializada en innovación vén precedida dun estudo realizado pola Asociación Galega de Empresas TIC entre o colectivo sectorial, e ademais baseándose en fontes como o recentemente publicado pola prestixiosa Fundación Cotec, que detectou notables atrasos na implantación de sistemas de innovación nas pemes.
O convenio pretender ofrecer ás empresas TIC de Galicia un sistema de apoio á innovación, baseado na experiencia de Agestic como Organismo intermedio que promove numerosas iniciativas tractoras en innovación desde a revista Redidi a proxectos de cooperación, dinamización, metodoloxía e implantación da innovación nas pemes galegas.
Tamén é importante a colaboración dunha consultora especializada como é Serviguide, que servirá para orientar, canalizar, promover e axudar a todas as iniciativas innovadoras que sexan detectadas nas pemes TIC de Galicia, permitindo que as ideas se poidan converter en proxectos innovadores.
cm