A Axencia Galega de Noticias (AGN) é un provedor integral de contidos informativos que abarca todas as áreas relacionadas coa comunidade galega. A diario, ofrece servizos de noticias, fotografía, vídeo e audio, cunha extensa rede de correspondentes nas principais localidades de Galicia, ademais de Madrid e Bruxelas.
Pertencente ao Grupo El Progreso, AGN distribúe aos seus abonados, a través da súa páxina web profesional, www.axencia.com, noticias organizadas en diversas seccións (Política, Sucesos, Sociedade, Cidades, etc.), fotografías, vídeos e cortes de voz.
Desde xaneiro de 2003, a Axencia Galega de Noticias subscribiu un acordo de intercambio informativo coas outras cinco axencias autonómicas (Vasco Press, Axencia Catalá de Noticies, Axencia ICAL de Castilla e León, Axencia Canaria de Noticias-ACN Press e Axencia Aragonesa de Noticias-Aragón Press), que permite estender o seu ámbito de cobertura a eses territorios e ás distintas corresponsalías das citadas axencias.
Se está interesado en enviarnos algunha nota informativa, en coñecer as nosas tarifas ou en realizar calquera consulta, escríbanos e inmediatamente nos poñeremos en contacto con vostede: redaccion[arroba]axencia.com.
agnNOTICIAS: Noticias da actualidade informativa de Galicia. AGN conta con correspondentes nas localidades máis importantes da comunidade, Madrid e Bruselas. O servizo inclúe noticias da actualidade institucional e política da comunidade, ademais a cobertura de todo tipo de acontecementos noticiables.
agnFOTO: Extensa galería de fotografías da actualidade do día, para gabinetes de prensa e editores de xornais impresos e dixitais. AGN conta con fotógrafos nas catro provincias galegas e Madrid. Ademais do servizo ordinario que AGN ofrece aos seus abonados, a axencia tamén conta cun amplo arquivo e a posibilidade de realizar traballos por encarga.
agnVÍDEO: Vídeos da actualidade do día, con imaxes editadas de declaracións e feitos noticiables relevantes, listos para a súa edición e difusión a través de calquera sistema de televisión, e descargable en calidade TDT.
agnRADIO: Cortes de voz de protagonistas da actualidade do día, en soporte MP3, contendo comentarios relevantes listos para a súa edición ou difusión en espazos de noticias de radio e en páxinas web de actualidade. Os rexistros de voz de AGN aparecen documentados coa data, o nome do protagonista , o lugar no que realizou os comentarios e un breve resumo dos mesmos, coa fin de que o editor atope fácilmente o que necesita.
INFOGRAFÍA: A Axencia Galega de Noticias complementa as noticias máis relevantes con gráficos, que tamén se distribúen a través da súa páxina web.